Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixente de aplicación, sométense a información pública o estudo de impacto ambiental e a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Expediente: IN407A 2024/231-4.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LAT 66 kV Barro-Vilalonga.
Situación: Barro, Meaño, Meis, Poio, Pontevedra e Sanxenxo.
Descrición das instalacións proxectadas:
Liña de alta tensión, a 66 kV, estruturada en tres tramos:
1. Tramo subterráneo I: de 2,83 km de lonxitude, con orixe na subestación de Barro e final no apoio núm. 1 de transición aero-subterránea (PAS) do tramo aéreo. Este tramo discorre polos concellos de Barro e Meis.
2. Tramo aéreo único: de 12 km de lonxitude, con orixe no apoio núm. 1 de transición aero-subterránea (PAS), situado na parcela con referencia catastral 36002A21400378, en Barro. A liña discorre por 7 aliñacións e 47 apoios e ten o final no apoio núm. 47, de transición aero-subterránea (PAS), situado na parcela con referencia catastral 36027A06400060, en Meaño. Este tramo discorre polos concello de Barro, Meis, Pontevedra, Poio e Meaño.
3. Tramo subterráneo II: de 6,39 km de lonxitude, con orixe no apoio núm. 47 de transición aero-subterránea (PAS), en Meaño, e final na subestación Vilalonga, en Sanxenxo.
O condutor do tramo aéreo é LA-280 e o do subterráneo AL630+H165 Cu.
O proxecto da LAT 66 kV Barro-Vilalonga está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, conforme o artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O órgano ambiental competente para emitir a declaración de impacto ambiental é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
O órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria.
O proxecto de execución da instalación e o estudo de impacto ambiental están á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas.
A documentación anterior tamén foi posta á disposición de cada un dos concellos afectados.
Pontevedra, 6 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
