DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notificaselles ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA BCR807 no treito entre os apoios núm 144 e núm. 177 (Cervantes).

Lugo, 17 de abril de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/219-2.

Denominación: Regulamentación da LMTA BCR807 no treito entre os apoios núm. 144 e núm. 177 (Cervantes).

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Cervantes.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

8

16

156

Seara

Monte alto

Mariana Araujo

17

132

486

Encima dos Prados

Monte baixo

Descoñecido

22

126

49

Cova

Monte alto

Descoñecido