DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31728

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Ciencias Morfolóxicas), grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 8 de xaneiro de 2026 (DOG do 22 de xaneiro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha (1) praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Ciencias Morfolóxicas), grupo III, pola quenda de promoción interna. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela