DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31725

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.

Mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2026 (DOG núm. 33, do 19 de febreiro) convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 25 de maio de 2026, acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta de resolución de adxudicación do concurso.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión nos postos adxudicados como consecuencia da resolución deste concurso efectuarase a partir do día seguinte ao do cesamento e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cesamento deberá efectuarse o día 2 de xuño de 2026.

Terceiro. De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que se poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Adxudicación de postos

Primeira fase

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Andión

Hermida

Esteban

333****0E

A

12

FC.C04.00.001.15770.002

Xefatura de Sección I

FC

Santiago de Compostela

25

26.610

Díaz

Doutón

Rosa María

332****2E

A

13

FC.C04.00.001.15770.003

Xefatura de Sección II

FC

Santiago de Compostela

25

26.160

Silveira

Calviño

Solmary

332****6H

A

11

FC.A20.00.005.15770.003

Xefatura de Sección

FC

Santiago de Compostela

25

25.530

Tarrío

Tobar

Ángel Luis

332****6D

A

7

PX.O11.00.000.15770.052

Xefatura de Sección de Modelización Socioeconómica

PX

Santiago de Compostela

25

26.610

Fase de resultas

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

López

del Olmo

Beatriz

440****7D

A

22

PX.O11.00.003.15770.011

Xefatura Sección de Estatísticas Sociais

PX

Santiago de Compostela

25

18.526

Martínez

Fernández

María Dolores

332****1C

A

20

PX.O11.00.002.15770.022

Xefatura Sección de Análise e Estudos II

PX

Santiago de Compostela

25

25.040

Piñeiro

Guillén

Paula

332****6X

A

23

PX.O11.00.003.15770.031

Xefatura Sección Infraestrutura e Técnicas Estat.

PX

Santiago de Compostela

25

18.393

Os códigos de postos de traballo que figuran na relación de prazas adxudicadas correspóndense cos ofertados na resolución de convocatoria de concurso

Código

Consellería

PX

FC

Presidencia da Xunta de Galicia

Facenda