DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31724

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 233, do 2 de decembro), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 19 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), modificada pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (DOG núm. 241, do 15 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución de 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida por unha persoa aspirante que xa tiña superado o exercicio, polo que non varia o número de persoas aspirantes que acadaron a puntuación mínima de 50 puntos nin o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. Publicar a nova puntuación obtida no portal web corporativo:

funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

María José Duro Regos
Presidenta do tribunal