BDNS (Identif.): 907602.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907602
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2025/26 da Universidade de Vigo.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é fomentar a formación transfronteiriza do estudantado da Universidade de Vigo, a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha entidade externa con sede en Portugal. As axudas están destinadas sufragar parte dos gastos ocasionados pola mobilidade desde o lugar habitual de residencia do estudantado que participe na convocatoria.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas Alén do Miño para a realización de prácticas académicas externas no marco do programa Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de catorce mil catrocentos vinte e un euros con trinta céntimos (14.421,30 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 25 de maio ata o 18 de xuño de 2026.
Vigo, 22 de maio de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
