BDNS (Identif.): 907591.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907591
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumando que esta matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2025/26 na Universidade de Vigo.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial de recente creación, de modo que poidan ver o emprendemento como unha oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Terceiro Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convoca o Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes no curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de vinte mil euros (20.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 25 de maio ata o 11 de xuño de 2026.
Vigo, 22 de maio de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade
