DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 31834

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 1 de xuño de 2026 pola que se dispón o nomeamento do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, establece no seu artigo 31, número 1, que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ao disposto no devandito precepto, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 16 de setembro de 2010 facultar a persoa titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos presidentes das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galicia.

En consecuencia,

DISPOÑO:

O nomeamento de José Antonio Álvarez Vidal como presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar