En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xuño de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Agustín Reguera Ocampo como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, un de xuño de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
