DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 31824

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Política Social e Igualdade

DECRETO 50/2026, do 1 de xuño, polo que se dispón que cese María Quintiana Pérez como directora xeral de Promoción da Igualdade.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social e Igualdade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xuño de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, María Quintiana Pérez como directora xeral de Promoción da Igualdade, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, un de xuño de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade