De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puidesen efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede deste departamento territorial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 14 de maio de 2026
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
|
ANI-CO-0168/2025-V |
DNI 32820748R |
Resolución de procedemento sancionador |
|
ANI-CO-0013/2026-V |
Pasaporte EZD4LF1B7 |
Resolución de procedemento sancionador |
|
ANI-CO-0065/2026-V |
DNI 48113912M |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
|
ANP-CO-0096-2025-V |
DNI 32410300B |
Proposta de resolución |
|
ANP-CO-0060/2025-V |
DNI 32785759H |
Proposta de resolución |
|
ANI-CO-0104/2025-V |
DNI 79345541A |
Proposta de resolución |
|
ANP-CO-0005/2026-V |
DNI 76406792X |
Proposta de resolución |
