DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 31842

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2026/27.

Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización da impartición do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale), esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeiro. Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en que se impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

Segundo. A regulación e a convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2026/27 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: http://www.edu.xunta.gal/portal

Terceiro. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón: http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.

Cuarto. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 25 de xuño de 2026.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa