Mediante este anuncio convócase a xunta xeral ordinaria o vindeiro día 28 de xuño de 2026, na sede da Asociación Movemento Veciñal A Nosa Escola (San Cibrán, Donas, Gondomar), ás 11.00 horas en primeira convocatoria, e ás 11.30 horas en segunda, conforme a seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da xunta xeral extraordinaria do 10 de agosto de 2025.
2. Informe de xestión da Xunta de Goberno.
3. Informe e aprobación das contas de 2025.
4. Toma de acordos sobre os fondos da comunidade.
5. Rolda aberta de intervencións.
Gondomar, 11 de maio de 2026
Santiago García Sanz
Presidente da Comunidade de Usuarios de Oliveira
