Mediante este anuncio convócanse todas as persoas usuarias de augas de Cosoirado, parroquia de Cosoirado, concello de Moraña (Pontevedra), á asemblea xeral que terá lugar o 14 de xuño de 2026, ás 11.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 13.00 horas en segunda convocatoria, no adro da igrexa, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
2. Rolda aberta de intervencións.
Moraña, 1 de maio de 2026
José Manuel Suárez Rodríguez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado
