De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Aportación económica da Sociedade |
|
Convenio de cooperación entre a Mancomunidade do Morrazo e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a implementación e mantemento dos equipamentos necesarios para a habilitación do sistema de rastrexabilidade dos residuos e do portal do cliente |
Constitúe o obxecto deste convenio regular as condicións para a execución e mantemento posterior, na planta de transferencia titularidade da Mancomunidade, das infraestruturas necesarias para a implementación do sistema de rastrexabilidade dos datos e o portal do cliente, dentro do plan de modernización e dixitalización de infraestruturas emprendido por Sogama |
27.3.2026 |
24.500,00 € + IVE, cada parte asume o 50 % |
Cerceda, 11 de maio de 2026
Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
