DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 32076

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 27 de maio de 2026 polo que se convocan procesos selectivos para contratar persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos con referencia REF.PER.-2026/01-04 co fin de contratar persoal laboral temporal mediante o procedemento de concurso de méritos.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 27 de maio de 2026

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne