DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 2 de xuño de 2026 Páx. 32075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO da selección para a cobertura en interinidade dun auxiliar administrativo e da creación dunha bolsa de emprego na categoría de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 113, do 20 de maio de 2026, publicáronse as bases reitoras para a cobertura en interinidade dun posto de auxiliar administrativo e a creación dunha bolsa de emprego na categoría de auxiliar administrativo (grupo C2), aprobada mediante o Decreto da Alcaldía do 12 de maio de 2026, con carácter interino entrementres non se cubra o posto polo conduto ordinario, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Sober, 21 de maio de 2026

Luis Fernández Guitián
Alcalde