DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32149

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

BDNS (Identif.): 909461.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/909461

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiros con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poden presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as en Cultivos Acuícolas (FP-ciclo medio) ou técnicos/as en Acuicultura (FP-ciclo superior).

Segundo. Obxecto

Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.

Terceiro. Contía

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 16 03 422K 4800 (proxecto 2016 332) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026 (24.000,00 €), 2027 (48.000,00 €) e 2028 (24.000,00 €).

Para as cotizacións á Seguridade Social destinarase un importe total de sete mil seiscentos oitenta euros (7.680,00 €), con cargo á partida orzamentaria 16.03.422K.4840 (proxecto 2016 332) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026 (1.920,00 €), 2027 (3.840,00 €) e 2028 (1.920,00 €).

O importe bruto mensual de cada bolsa será de mil euros (1.000,00 €).

O número de bolsas é de catro.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar