DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32311

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xinegal, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

En cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea extraordinaria que tivo lugar o día 26 de maio de 2026 se acordou, por unanimidade de votos, a disolución de Xinegal, S. Coop. Galega.

Oleiros, 26 de maio de 2026

Natalia Da Silva Karvat
Administradora única de Xinegal, S. Coop. Galega