DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32310

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a resolución do proceso selectivo para a cobertura temporal, mediante o sistema de concurso, do posto de coordinador técnico.

Mediante Anuncio do 26 de novembro de 2025 publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 229, desa mesma data, convocouse a cobertura do posto de coordinador técnico da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia. De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do anterior, o Consello de Administración da sociedade que tivo lugar o día 8 de maio de 2026 acordou, con base na proposta do tribunal de selección, nomear coordinador técnico da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A., a Fernando López Bellón. Esta contratación revestirá a modalidade contractual laboral de por tempo determinado, mentres estea vacante o posto de coordinador da sociedade.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.