DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2026/049-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Adecuación CT Ucedinos-32CD18.

Situación: camiño de Vista Fermosa, concello do Barco de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

– Instalación, na LMTA BDV705, dun novo apoio co número D34-5-CT, de celosía metálica, do tipo C-14/2000.

– LMT soterrada, a 15 kV, de 28 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, con orixe no paso A/S para realizar no novo apoio número D34-5-CT e final no CT Ucedinos proxectado.

– Novo CT Ucedinos, compacto, de manobra exterior, do tipo 2L1P, con transformador de 250 kVA e R/T 15.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1.534 do COEIG, o 21.4.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo deste acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O anterior faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa deste acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 13 de maio de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2026/049-3.

Situación: camiño de Vista Fermosa, concello do Barco de Valdeorras.

Denominación: adecuación CT Ucedinos-32CD18.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32010A005007840000XX.

Lugar: Oucediños.

Cultivo: prado.

Titular: Avelino Fernández Carriba.

Afeccións: ocupación de 35 m² para o apoio número D-34-5 e para o CT. Ocupación de 11 m² para a canalización soterrada. Ocupación temporal de 11 m².