DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Fene (expediente IN407A 2026/111-1).

Expediente: IN407A 2026/111-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMT do DC ASN701-ASN705 en avenida Marqués de Figueroa.

Termo municipal: Fene.

1. Características técnicas:

• Desmantelamento do dobre circuíto das liñas ASN701 e ASN705, en condutor de tipo LA-110 no seu tramo aéreo e RHZ1 240 no seu tramo soterrado, a 15 kV, entre o apoio existente de tipo C-9000-24 con matrícula ARRL0BBU e o CT Chancas (15CEL2) con expediente IN407A 2016/939-1.

• Desmantelamento do dobre circuíto das liñas EUM701 e EUM702, en condutor tipo RHZ1 240 no seu tramo soterrado e LAC-80 no seu tramo aéreo, a 15 kV, entre o apoio de tipo formigón con matrícula AQVDDDFM//D149 e o CT Chancas (15CEL2) expediente IN407A 2016/939-1.

• O apoio con matrícula AQVDDDFM//D149 de tipo formigón substitúen por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-FL-16/4500-E30-CAIII.

• Dúas novas liñas subterráneas de 15 kV, con condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 1×240 mm² Al, coa orixe nos pasos de aéreo a subterráneo no apoio existente de tipo C-9000-24 con matrícula ARRL0BBU do dobre circuíto ASN701 e ASN705 e final en celas de liña existentes do CT Chancas (15CEL2), sendo lonxitude de cada unha das liñas de 325 metros.

• Dúas nova liñas subterráneas de 15 kV, condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 1×240 mm² Al, con orixe nos pasos de aéreo a subterráneo no novo apoio proxectado de tipo celosía metálica de tipo C-FL-16/4500-E30-CAIII do dobre circuíto das liñas EUM701 e EUM702 e final en celas de liña existentes do CT Chancas (15CEL2), sendo lonxitude de cada unha das liñas de 193 metros.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Fene

Núm.parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afectación de solo en pleno dominio

Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Rúa Baixa

7033510NJ6163S0001LZ

Urbana

Roberto Seco Vázquez e Irmán

D149

2,0

1,0

4,0

3

Rúa Baixa

7033561NJ6163S0001ZZ

Urbana

Roberto Seco Vázquez e Irmán

2,0

5,0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.