DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32626

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para cubrir un posto de persoal.

As condicións laborais do posto rexeranse polo establecido no Decreto 12/2024, de 11 de xaneiro, e formalizarase un contrato de actividades científico-técnicas segundo o previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, cuxo obxecto será a realización de actividades vinculadas ao proxecto Microclimate Impacts of SOLar farms (MISOL):

1 investigador/a en mecánica de fluídos aplicada ás enerxías renovables. Referencia: MISOL-26-INV1-NRP:6090087.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia