DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32627

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se declara deserta a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo de Recursos Económicos, subgrupo A1 ou A2.

Convocada, pola Resolución do 3 de marzo de 2026 (DOG núm. 57, do 26 de marzo), a provisión dun posto de xefe/a de servizo de Recursos Económicos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 polo sistema de libre designación, a Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como co previsto na Orde de 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e mais na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria do 3 de marzo de 2026 (DOG núm. 57, do 26 de marzo) para o posto que se indica, de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria, por non concorrer ningún/ningunha aspirante que reúna os requisitos exixidos na devandita convocatoria.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 18 de maio de 2026

Román Gómez Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061