Conforme o ordenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, en relación co procedemento ordinario número 163/2026, instruído con base no recurso contencioso-administrativo interposto por un dos concursantes contra a Resolución do 20 de febreiro de 2026, pola que se aproba a convocatoria de concurso de selección de prazas de profesorado titor do devandito centro para o curso académico 2026/27, así como fronte á resolución desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a devandita convocatoria, procédese, por medio da presente resolución para acordar a remisión do expediente administrativo á sala, e en cumprimento do trámite da notificación de emprazamento a todas aquelas persoas que aparezan interesadas nel, se ao seu dereito conviñese, que dispoñen para iso dun prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación oficial da presente resolución, ante o mencionado órgano xudicial.
Pontevedra, 25 de maio de 2026
Víctor Manuel González Sánchez
Director do Centro UNED en Pontevedra
