O Pleno da Corporación, na sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 29 de abril de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
2. Expediente 59/2026. CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO PLENARIO RELATIVO AO CAMBIO DE USO DA PARCELA CRUCEIRO DE ROO
Primeiro. Rectificar o contido do Acordo plenario de data do 26 de xaneiro de 2026 relativo ao cambio de uso da parcela con número de referencia 6313001NH0461S0001XG, que queda como segue:
«Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela con número de referencia 6313001NH0461S0001XG na súa zona norte e segundo a planimetría recollida nos documentos técnicos incorporados ao expediente (CSV5XW5TJLQMZRC2NKRWWWKTJRQ9), de forma que pasa de uso deportivo (DPX-2) a sanitario-asistencial (SAX), polo que queda do seguinte xeito:
– uso docente (DCX-3) e uso deportivo (DPX-2), cunha superficie de 10.828,00 m2;
– uso sanitario-asistencial (SAX), cunha superficie de 4.500,00 m2.
Segundo. Dar traslado do acordo adoptado aos departamentos municipais de Urbanismo e Secretaría a fin de incorporar este cambio de uso aos instrumentos de ordenación que proceda cando se redacten modificacións ou revisións do planeamento vixente.
Terceiro. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, así como comunicalo á Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, para os efectos da súa inclusión no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.
Cuarto. Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo».
Segundo. Publicar o presente acordo rectificativo no Diario Oficial de Galicia, así como comunicalo á Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, para os efectos da súa inclusión no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.
Outes, 8 de maio de 2026
Francisco Calo Abelleira
Alcalde
