DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32624

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da caducidade parcial da oferta de emprego público de estabilización (OEPE) do ano 2022 respecto da praza vacante de técnico/a de deportes e desistencia do proceso selectivo correspondente.

Esta Alcaldía ditou, o 17 de abril de 2026, o Decreto número 648, que a seguir se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro. Declarar a caducidade parcial da oferta de emprego público de estabilización (OEPE) do ano 2022 (BOP número 100, do 27 de maio) respecto da praza vacante de persoal funcionario, integrada na escala de Administración especial, subescala técnica (grupo B de clasificación), denominada técnico/a de deportes, ao terse superado o prazo de tres (3) anos para o seu desenvolvemento e execución íntegra consonte a normativa e xurisprudencia de aplicación.

Segundo. Desistir do desenvolvemento do proceso selectivo (segunda convocatoria) correspondente á dita praza convocado pola Resolución da Alcaldía número 2369/2024, do 30 de decembro (BOP número 251, do 30 de decembro).

Terceiro. Iniciar o expediente para devolver as taxas polo dereitos de exame aboadas polas persoas que presentaron a instancia de participación nos procesos selectivos convocados para as prazas ofertadas. As persoas interesadas que aboaron no seu momento a taxa establecida deberán achegar unha certificación da conta bancaria onde manifesten que queren recibir a devolución, se así procede.

Cuarto. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia».

O anterior publícase para coñecemento xeral

Sada, 27 de abril de 2026

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde