DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32414

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2026 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza no epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de xuño de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionada/o, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para realizar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os requisitos técnicos seguintes:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– O software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón: <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos>, onde se indica como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na sua área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecerlle ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderán ser accesibles unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. O contacto do/da delegado/a de protección de datos e información adicional consúltase en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para tramitar o procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio) e posteriores modificacións, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2026, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra M.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O prazo para presentar o escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

1º. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

2º. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

3º. Por razóns de conciliación familiar.

4º. Por outras causas xustificadas documentalmente.

O feito de non contar co software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar á actividade formativa fóra de prazo.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.3. Seguimento das actividades de modalidade mixta (teleformación e telepresencial/presencial).

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas presenciais e/ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

4. A asistencia e a puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas incluídas no punto 2.b) da base sétima.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1, alínea c), e superar a proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, quen emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as for inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade/localidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC26200

A actividade de fomento das administracións públicas: contratos administrativos, convenios de colaboración e ordes de subvencións

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, especialmente aqueles que desempeñen as súas funcións en departamentos en que se xestionen subvencións e contratación.

12

35

Telepresenza

28, 29 e 30 de setembro, e 1 de outubro, das 16.30 ás 19.30 horas.

1.10.2026
19.00 horas

FC26201

A ética na Administración pública: principios básicos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

27.10.2026

16.11.2026

20.11.2026 18.00 hora

FC26202

A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

1.10.2026

21.10.2026

26.10.2026 18.00 horas

FC26203

Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

7.9.2026

27.9.2026

1.10.2026
17.00 horas

FC26206

Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

35

50

Mixto

Teleformación + telepresenza

Do 7.10.2026 ao 6.11.2026.
Sesións de telepresenza: 14, 21 e 28 de outubro, e 4 de novembro, das 16.30 ás 19.00 horas.

12.11.2026 16.30 horas

FC26208

Execución de resolucións xudiciais: particularidades en procesos selectivos e contratación pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

8.10.2026

9.11.2026

13.11.2026 17.30 horas

FC26210

Integridade institucional e plans antifraude

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

6.10.2026

26.10.2026

30.10.2026 19.00 horas

FC26211

Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Análise da Lei 6/2023 e a súa aplicación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

50

Teleformación

4.11.2026

29.11.2026

2.12.2026
17.30 horas

FC26212

Redacción de textos normativos: directrices e criterios

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

9.11.2026

29.11.2026

3.12.2026
18.00 horas

FC26214

Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

2.11.2026

23.11.2026

27.11.2026 19.00 horas

FC26253

O procedemento de contratación. Problemáticas actuais e doutrina vixente dos tribunais de contratación pública

Subgrupos A1, A2 e C1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das Administracións locais.

21

30

Presencial

Santiago de Compostela

9, 11, 12, 16, 18, 23 e 25 de novembro das 16.30 ás 19.30 horas.

25.11.2026

19.00 horas

Unión Europea, políticas públicas e procedementos comunitarios

FC26207

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das Universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

25

50

Teleformación

21.9.2026

16.10.2026

21.10.2026 17.30 horas

FC26251

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das Universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

14

30

Mixto
Presencial (Santiago de Compostela) + telepresenza

Sesións de telepresenza: 16, 18 e 23 de setembro das 17.00 ás 19.30 horas, e 30 de setembro das 17.00 ás 20.00 horas.
Sesión presencial: 25 de setembro das 17.00 ás 20.30 horas.

30.9.2026
19.30 horas

FC26252

Introdución aos fondos europeos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal da Administración local e que as funcións dos destinatarios estean relacionadas cos fondos europeos, preferentemente A1, A2 e C1.

20

30

Presencial

Santiago de Compostela

3, 5 e 10 novembro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas, e 12 de novembro das 10.00 ás 12.00 horas.

12.11.2026
11.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC26204

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das Universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

50

50

Teleformación

28.9.2026

16.11.2026

19.11.2026 18.30 horas

FC26209

Ferramentas de análise de datos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que cumpra cos requisitos técnicos especificados na ficha da actividade formativa.

15

35

Mixto
Presencial + telepresenza

Sesións de telepresenza: 27 de outubro e 3 e 17 de novembro das 17.00 ás 19.30 horas.

Sesións presenciais: 30 de outubro, e 6 e 20 de novembro, das 12.00 ás 14.30 horas.

20.11.2026 14.00 horas

FC26213

Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

12

30

Telepresenza

15, 20, 22, 27 e 29 de outubro, e 3 de novembro, das 16.30 ás 18.30 horas.

3.11.2026
18.00 horas

Plan formativo ofimático de Galicia

FC26205

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Word 365)

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

30

50

Teleformación

15.9.2026

15.10.2026

20.10.2026 18.30 horas

Presidencia da Xunta de Galicia, secretarías xerais

FC26215

A web do IGE: presentación da información dispoñible e das formas de acceso. Introdución ao software libre R.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

50

Teleformación

5.10.2026

5.11.2026

10.11.2026 17.30 horas

FC26216

Introdución a Python

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

20

Mixto
Presencial + telepresenza

Sesións presenciais: 26 e 28 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas na Sala de Xuntas do IGE, San Lázaro (Santiago de Compostela).

Sesións de telepresenza: 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de novembro, das 10.00 ás 13.00 horas; 23 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas.

23.11.2026 13.30 horas

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, prevención de riscos laborais

FC26217

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

12

25

Presencial

A Coruña

17 e 18 de setembro, das 8.30 ás 14.30 horas.

-

FC26217

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

12

25

Presencial

Ourense

1 e 2 de outubro, das 8.30 ás 14.30 horas.

-

FC26217

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

12

25

Presencial

Pontevedra

15 e 16 de outubro, das 8.30 ás 14.30 horas.

-

FC26217

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

12

25

Presencial

Santiago de Compostela

5 e 6 de novembro, das 8.30 ás 14.30 horas.

-

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

FC26218

O cambio climático: impactos, riscos, adaptación e mitigación

1. Persoal adscrito á Conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático e calquera dos seus entes adscritos.

2. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

30

Telepresenza

6, 13, 20 e 27 de outubro, das 16.00 ás 20.00 horas.

3, 10 e 17 de novembro, das 16.00 ás 20.00 horas.

24 de novembro, das 16.00 ás 18.00 horas.

24.11.2026 17.30 horas

FC26219

Funcionamento dos novos módulos e melloras da plataforma GaIA

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

15

30

Presencial

Santiago de Compostela

18, 20 e 25 de novembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

25.11.2026 13.30 horas

FC26220

Avanzado de Sistemas de información xeográfica (SIX): ArcGIS PRO

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

25

Presencial

Santiago de Compostela

13, 15, 20, 22, 27 e 29 de outubro, das 9.30 ás 14.30 horas.

29.10.2026 14.00 horas

Consellería de Facenda e Administración Pública

FC26221

Certificación dos fondos FSE+ nos sistemas de información

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

30

Mixto

Teleformación + telepresenza

Do 10.9.2026 ao 6.10.2026.

Sesións de telepresenza: 10, 17 e 24 de setembro, e 1 de outubro, das 16.30 ás 19.00 horas.

9.10.2026 18.00 horas

FC26222

Sistemas de control nas administracións públicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

25

Telepresenza

28, 29 e 30 de setembro, das 16.00 ás 19.00 horas.

1, 5, 6 e 7 de outubro, das 16.00 ás 19.00 horas.

8 de outubro, das 16.00 ás 20.00 horas.

8.10.2026 19.30 horas

FC26223

Visión xeral de tecnoloxías disruptivas orientado a persoal TIC

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Mixto

Teleformación + telepresenza

Do 5.10.2026 ao 23.11.2026.

Sesións de telepresenza: 14 e 21 de outubro; 4 e 11 de novembro, das 9.00 ás 11.30 horas.

27.11.2026 19.30 horas

FC26224

Ferramentas para analítica de datos orientado a persoal TIC

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

60

30

Mixto

Teleformación + telepresenza

Do 28.9.2026 ao 19.11.2026.

Sesións de telepresenza: 7 e 21 de outubro, e 4 e 18 de novembro, das 9.30 ás 13.30 horas.

23.11.2026 19.00 horas

FC26225

Tramitación de indemnizacións por asistencia a tribunais de procesos selectivos (TAIS)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Priorizarase o persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

16

25

Mixto Teleformación + telepresenza

Do 26.10.2026 ao 6.11.2026.

Sesións de telepresenza: 27 de outubro e 2 de novembro, das 9.00 ás 11.00 horas.

10.11.2026 18.30 horas

Consellería de Economía e Industria

FC26226

Tramitación de instalacións de autoconsumo, almacenamento stand alone e hibridacións

Persoal adscrito á Consellería de Economía e Industria.

20

30

Mixto

Teleformación +

presencial (Santiago de Compostela)

Do 19.10.2026 ao 4.11.2026.

Sesións presenciais: 19 de outubro e 4 de novembro, das 10.00 ás 14.00 horas.

4.11.2026 13.30 horas

FC26227

Introdución aos mercados de carbono

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, dos subgrupos A1 e A2.

25

50

Teleformación

28.9.2026

23.10.2026

28.10.2026 17.30 horas

FC26228

Estatística avanzada co software libre R

Investigadores e técnicos das OPI da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. No caso de que sobren prazas, ofertarase a investigadores e técnicos das OPI doutras consellerías.

40

30

Mixto

Teleformación + telepresenza

Do 30.9.2026 ao 26.10.2026.

Sesións de telepresenza: 30 de setembro e 7, 14 e 21 de outubro, das 17.00 ás 19.00 horas.

29.10.2026 19.00 horas

FC26229

Programación básica de Python

1. Persoal do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia-LOMG (Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industria e Solo Empresarial).

2. Persoal da Dirección Xeral de Estratexia Industria e Solo Empresarial (Consellería de Economía e Industria).

3. Persoal da Consellería de Economía e Industria.

4. Persoal de centros da Administración en que os seus traballadores están relacionados co manexo de equipos de medición.

5. Persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

40

20

Teleformación

21.9.2026

28.10.2026

2.11.2026

17.30 horas

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

FC26234

Xestión do tempo dirixido ao persoal do Issga e PRL

Persoal técnico do Issga e persoal técnico dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia.

8

25

Telepresenza

1, 8, 15 e 22 de outubro, das 10.00 ás 12.00 horas.

22.10.2026

11.30 horas

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

FC26235

Da estatística á avaliación nas bibliotecas

Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

15

25

Presencial

Santiago de Compostela

21 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

22 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

22.9.2026

17.30 horas

FC26236

Manexo de aplicacións para a comunicación gráfica coa mocidade

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

2.11.2026

22.11.2026

26.11.2026

18.00 horas

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

FC26237

Seguridade e protección de datos no ámbito educativo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nos centros educativos públicos ou relacionados co tratamento de datos de centros educativos.

10

50

Teleformación

2.11.2026

12.11.2026

17.11.2026

17.00 horas

FC26238

Promoción e mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos

– Persoal laboral que, no momento da selección, desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

– Persoal educador e auxiliar coidador.

– Intérpretes da lingua de signos española.

15

30

Telepresenza

13, 14, 16, 20, 21 e 23 de outubro, das 16.30 ás 19.00 horas.

23.10.2026

18.30 horas

FC26239

Os problemas de comportamento no ámbito educativo

– Persoal laboral que, no momento da selección, desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

– Persoal educador e auxiliar coidador.

– Intérpretes da lingua de signos española.

15

30

Telepresenza

21, 22, 24 e 30 de setembro, e 1 e 2 de outubro, das 16.30 ás 19.00 horas.

2.10.2026

18.30 horas

FC26240

Diversidade funcional e sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC)

Persoal laboral que, no momento da selección, desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Persoal auxiliar coidador. Intérpretes da lingua de signos española.

15

30

Telepresenza

5, 6, 8, 14, 15 e 16 de outubro, das 16.30 ás 19.00 horas.

16.10.2026 18.30 horas

Consellería do Mar

FC26247

Formación en inspección pesqueira

Persoal do Servizo de Inspección e Control dos Recursos da Consellería do Mar. Resto do persoal da Consellería do Mar que realice funcións de inspección pesqueira relacionadas co contido do curso. Persoal inspector veterinario doutras consellerías da Xunta de Galicia.

15

30

Presencial

Santiago de Compostela

26, 27 e 28 de outubro, das 9.00 ás 14.00 horas.

28.10.2026 13.30 horas

FC26248

Introdución á oceanografía física de Galicia

1. Persoal técnico investigador do CIMA.

2. Persoal técnico facultativo de recursos mariños.

3. Persoal do Intecmar.

30

20

Presencial

Santiago de Compostela

14, 15, 16, 17, 21, 22 e 23, das 9.30 ás 13.30 horas.

24 de setembro, das 9.30 ás 11.30 horas.

24.9.2026 11.00 horas

Consellería do Medio Rural

FC26243

QGIS básico aplicado a procesos de reestruturación parcelaria

En primeiro lugar: persoal técnico agrario que preste servizos na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. A continuación persoal técnico agrario da Consellería do Medio Rural e dos demais entes dependentes da Consellería. En caso de vacantes, persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Para realizar o curso é preciso ter instalado o programa QGIS.

30

50

Teleformación

19.10.2026

23.11.2026

27.11.2026. 17.30 horas

FC26244

Coñecemento e manexo práctico da plataforma Xeaga

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que desenvolva funcións relacionadas coa atención ao sector agrario e rural, en particular:

– Persoal técnico das oficinas rurais.

– Persoal dos servizos provinciais con competencias en PAC, desenvolvemento rural e xestión de explotacións.

– Persoal adscrito a unidades administrativas con funcións de asesoramento técnico agrario.

– Persoal vinculado a programas de apoio á modernización, incorporación de persoas mozas e sustentabilidade das explotacións.

50

30

Presencial

Santiago de Compostela

1, 2, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

29.9.2026 13.30 horas

FC26245

Xestión de alertas sanitarias. Enfermidades emerxentes

Persoal da Xunta de Galicia que poida participar na xestión de alertas sanitarias tanto nos ámbitos da xestión e coordinación como das actuacións en campo.

15

30

Presencial

Santiago de Compostela

1, 6 e 8 de outubro, das 9.30 ás 14.30 horas.

8.10.2026 14.00 horas

FC26246

Aplicacións informáticas para a xestión das axudas da solicitude única da PAC

Xestores das axudas da PAC.

30

25

Presencial

Santiago de Compostela

22 e 29 de setembro, e 6, 13, 20 e 27 de outubro, das 9.30 ás 14.30 horas.

27.10.2026 14.00 horas

Consellería de Política Social e Igualdade. Política Social

FC26241

Atención temperá desde a escola infantil: observación e acompañamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Persoal educativo das escolas infantís 0-3 da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Persoal de apoio educativo nas ditas escolas 0-3.

25

30

Presencial

Santiago de Compostela

2, 3, 16, 17 e 23 de novembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

23.11.2026 13.30 horas

FC26242

Prevención da soidade en persoas maiores.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

50

Teleformación

4.11.2026

25.11.2026

30.11.2026 19.00 horas

Consellería de Sanidade

FC26249

Operacións e controis na industria láctea

Persoal inspector veterinario de saúde pública.

12

25

Presencial

Lugo

20 e 21 de outubro, das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

21.10.2026 17.30 horas

FC26250

Resolución de conflitos na inspección de saúde pública

Persoal implicado na inspección de saúde pública (persoal de inspección farmacéutico e veterinario de Saúde Pública e persoal de xestión de servizos centrais da Dirección Xeral de Saúde Pública).

12

25

Presencial

Santiago de Compostela

23 de setembro, das 9.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 18.30 horas.

24 de setembro, das 9.30 ás 13.30 horas.

24.9.2026 13.00 horas

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

FC26230

A xestión do solo residencial no marco dos PIAS

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

30

Telepresenza

8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de setembro, e 1, 6 e 8 de outubro, das 17.00 ás 19.00 horas.

FC26231

Construción industrializada

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

25

30

Mixto

Presencial + telepresenza

Sesións presenciais: 18 e 25 de setembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

Sesións de telepresenza: 15, 17, 22, 24 e 29 setembro, e 1 de outubro, das 17.00 ás 19.30 horas.

1.10.2026 19.00 horas

FC26232

Formación no emprego de Arcxis Pro avanzado para persoal técnico urbanístico

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Persoal técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

30

25

Presencial

Santiago de Compostela

21 e 28 de outubro, e 4, 11, 18 e 25 de novembro, das 9.00 ás 14.00 horas.

25.11.2026 13.30 horas

FC26233

Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia no ámbito da Administración pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Persoal ao servizo da Administración local.

35

50

Teleformación

24.9.2026

29.10.2026

3.11.2026 17.30 horas