DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32412

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de outubro de 2025 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 2 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio).

1. Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 10 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 202, do 20 de outubro), adxudicáronse as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 2 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio).

2. Con data 19 de novembro de 2025, ITG comunica á Axencia Galega de Innovación a fusión por absorción de Energylab, extinguíndose esta última como entidade xurídica. Dita fusión por absorción ten efectos xurídicos desde o 14 de novembro de 2025.

3. Segundo o disposto no artigo 16 da convocatoria, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. A modificación derivada da absorción de Energylab por parte de ITG cumpre cos requisitos recollidos en dito artigo de manter a actividade dentro da finalidade das bases reguladoras, non producir prexuízo a terceiros e que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supoñen a denegación da subvención. Así mesmo, Energylab xustificou correctamente a axuda do ano 2025. Deste modo, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Modificar a Resolución de concesión do 10 de outubro de 2025 no relativo á anualidade 2026 para recoller a dita fusión nos termos seguintes:

Suprímese a axuda de 2026 de Energylab (NIF G27719913) e increméntase na cantidade correspondente a axuda de ITG, e os importes quedan tal e como se indican.

Núm. expediente administrativo

Entidade beneficiaria

NIF

Acrónimo

Importe axuda 2025

Importe axuda 2026

Total axuda (€)

IN845A-4

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética

G27719913

Energylab

196.047,23 €

-

196.047,23 €

IN845A-6

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

G15305923

ITG

347.920,07 €

543.967,30 €

891.887,37 €

2. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación