No Diario Oficial de Galicia número 62, do 6 de abril de 2026, publícase a Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).
De conformidade co artigo 15.2 das bases reguladoras, as resolucións de concesión serán ditadas pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012; DOG. núm. 164, do 29 de agosto), e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 15.1.
Así mesmo, o artigo 15.9 das bases establece que todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, as notificacións individuais de concesión de axuda acompañaranse tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.
Polo exposto, tras a presentación das tres solicitudes que se indican no anexo, unha vez finalizadas as instrucións e a fiscalizacións, e ditadas o día 21 de abril de 2026 as resolucións de concesión que finalizan o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido parcial das resolucións do 21 de abril de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G), que se xuntan como anexo desta resolución. O texto completo de cada resolución atoparase publicado na páxina web da Agadic, https://industriasculturais.xunta.gal/es/subvenciones
Segundo. Comunicar que as resolucións do 21 de maio de 2026, que finalizan este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Terceiro. As devanditas resolucións serán notificadas de xeito individual, de conformidade co establecido no artigo 15.5 das bases reguladoras.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Contido parcial das resolucións do 21 de abril de 2026 de concesión de tres axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G), publicada no DOG núm. 62, do 6 de abril
1. Relación de persoas beneficiarias, cantidades concedidas e finalidade das axudas outorgadas:
|
Expediente |
AG/S/2026RA/0001 |
|
|
Tipo de proxecto |
Longametraxe de ficción |
|
|
Título do proxecto |
Sin huella |
|
|
Persoa solicitante |
Vaca Films Studio, S.L.U. |
|
|
NIF |
B15870561 |
|
|
Custo total da operación |
3.300.000,00 euros |
|
|
Custo total subvencionable |
1.414.000,00 euros |
|
|
Modalidade da subvención |
A fondo perdido |
|
|
Importe da subvención |
350.000 euros, distribuídos en dúas anualidades: |
|
|
Anualidade 2026 |
143.181,82 |
|
|
Anualidade 2027 |
206.818,18 |
|
|
Importe con fondos Feder |
350.000 euros |
|
|
Expediente |
AG/S/2026RA/0004 |
|
|
Tipo de proxecto |
Longametraxe de ficción |
|
|
Título do proxecto |
Dímelo con besos |
|
|
Persoa solicitante |
Vaca Doc, S.L.U. |
|
|
NIF |
B72448327 |
|
|
Custo total da operación |
1.850.000,00 euros |
|
|
Custo total subvencionable |
1.766.380,00 euros |
|
|
Modalidade da subvención |
A fondo perdido |
|
|
Importe da subvención |
300.000 euros, distribuídos en dúas anualidades: |
|
|
Anualidade 2026 |
122.727,27 |
|
|
Anualidade 2027 |
177.272,73 |
|
|
Importe con fondos Feder |
300.000 euros |
|
|
Expediente |
AG/S/2026RA/0005 |
|
|
Tipo de proxecto |
Longametraxe de ficción |
|
|
Título do proxecto |
Serenade |
|
|
Persoa solicitante |
Serenade Cinema, A.I.E. |
|
|
NIF |
V01735703 |
|
|
Custo total da operación |
2.104.114,37 euros |
|
|
Custo total subvencionable |
1.614.338,17 euros |
|
|
Modalidade da subvención |
A fondo perdido |
|
|
Importe da subvención |
350.000 euros, distribuídos en dúas anualidades: |
|
|
Anualidade 2026 |
143.181,82 |
|
|
Anualidade 2027 |
206.818,18 |
|
|
Importe con fondos Feder |
300.000 euros |
|
2. O contido completo de cada resolución poderase consultar na páxina web https://industriasculturais.xunta.gal/es/subvenciones
