DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32831

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de supervisor/a de unidade, convocados pola Resolución do 4 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 12 de decembro).

Unha vez convocada mediante a Resolución do 4 de decembro de 2024 (DOG núm. 239, do 12 de decembro) a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade, polo sistema de concurso de méritos e defensa de proxecto técnico, esta xerencia, en vista das solicitudes e dos méritos acreditados polos aspirantes, e de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e de acordo co establecido na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio) e pola Orde do 13 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade, convocados pola Resolución do 4 de decembro de 2024 (DOG núm 239, do 12 de decembro).

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as aspirantes nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de maio de 2026

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee

ANEXO

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Calidade.

Nome e apelidos: Minia Amboage Valiño.

DNI (*): ***9803**.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospitalización de Cirurxía Vascular e Endocrinoloxía.

Nome e apelidos: Natalia Fuciños Núñez.

DNI (*): ***4099**.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospital de Día-Hematoloxía.

Nome e apelidos: Zeltia Couso García.

DNI (*): ***0194**.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospitalización de Medicina Interna-Hospital Abente e Lago.

Nome e apelidos: Carmen María Pérez Castiñeira.

DNI (*): ***2453.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospitalización de Medicina Interna-Infecciosos.

Nome e apelidos: Sonia Vázquez Alborés.

DNI (*): ***0116****.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Reanimación HUAC.

Nome e apelidos: Silvia Vázquez Medín.

DNI (*): ***3498**.

Denominación do posto: supervisor da Unidade de Enfermaría de Reanimación HUAC.

Nome e apelidos: Óscar Vilela Sangiao.

DNI (*): ***2372**.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospitalización de Rehabilitación.

Nome e apelidos: Bibiana Noya Blanco.

DNI (*): ***6846**.

Denominación do posto: supervisora da Unidade de Enfermaría de Hospitalización da Unidade de Curta Estadía Médica (UCEM).

Nome e apelidos: María Belén Correa Ponte.

DNI (*): ***0279**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Enfermaría de UCI 6ª AB.

Nome e apelidos: ---.

DNI (*): ---.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.