Mediante a Orde do 14 de abril de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 22 de abril de 2026, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro
Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 14 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 74, do 22 de abril).
Segundo
Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo I, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 14 de abril de 2026.
Terceiro
O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou as licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto
A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
ANEXO
Apelidos e nome: Inmaculada Estévez Suárez.
DNI: ***7585**.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto de traballo: Xefatura de Servizo de Apoio Técnico.
Código do posto de traballo: IV.201.00.000.15770.060.
Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo/escala: xeral.
Grupo: A1-A2.
Nivel: 28.
Complemento específico: 19.990,04 euros.
Tipo de adscrición: AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.
*O DNI atópase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal
