De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), tras ser devolta a notificación polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada, non se puido efectuar.
De acordo co establecido no artigo 46 da citada Lei 39/2015, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Faise saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a persoa demandante teña o seu domicilio, ou o de Pontevedra, no prazo de dous(2) meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, se for o caso.
E para que así conste e sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 19 de maio de 2026
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Estrada |
|
RD/PO-018/2026 |
Rumen Georgiev Radev |
Incoación de expediente |
PO-300 (Mosteiro-Cambados) |
