Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Comunal de Córcores, pertencente á CMVMC de Córcores, no concello de Avión, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 28.8.2025 a CMVMC de Córcores presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2344232) de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Córcores, no concello de Avión.
Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:
– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 12.7.2025.
– Memoria e planos.
– Arquivos xeográficos en formato vectorial.
Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 9 de decembro de 2025 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende o groso das partes lindeiras con particulares, ademais do tramo estremeiro co MVMC Comunal de Couso.
A superficie do MVMC Comunal de Córcores, unha vez modificado o esbozo, sería de 569,35 ha fronte ás 635 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 10,3 %.
Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.
Consideraciones legales e técnicas:
Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 9 de decembro de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 28 de abril de 2026:
Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Córcores, pertencente á CMVMC de Córcores, no concello de Avión.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 19 de maio de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
