DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32715

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, na base 8.1.a) da Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 30 de decembro), pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de Xustiza, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza,

RESÓLVESE:

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I), que se ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.

En caso de non corresponderlle ningún dos destinos especificados desta forma, por non solicitar un número suficiente de prazas, adxudicaráselle un destino seguindo a orde alfabética de localidades.

Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida na solicitude.

Quinto. Ningunha persoa aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo da súa presentación.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das solicitadas, procederase a destinarlle, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas por orde alfabética de localidades.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, consonte a orde de puntuación obtido nas probas selectivas no ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste ata tanto non transcorresen dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos estarase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

Servizo Común de Tramitación do TI de Ribeira

Tramitación-SCT TI (gardas)

XG9258000015073711.00

Ribeira

A Coruña

Servizo Común de Tramitación do TI de Vilagarcía de Arousa

Tramitación-SCT TI (gardas)

XG9258000036060715.00

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Solicitude de destino para as persoas aprobadas nas probas selectivas
convocadas pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro (BOE do 30.12.2022), quenda libre, para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza

Tramitación procesual e administrativa

Primeiro apelido: .....................................................................................................................................................................

Segundo apelido: ....................................................................................................................................................................

Nome: ..........................................................................................NIF:………........................................……………………….

Número de orde proceso selectivo

Tfno.:

E-mail:

Ámbito territorial en que realizou as probas selectivas

Destino por orde de preferencia (ver convocatoria de prazas)

Centro de traballo

Nº de orde

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

1

2

A persoa solicitante CONSENTE que o centro xestor do proceso de adxudicación de destino acceda ás bases de datos das administracións, con garantía de confidencialidade e para os exclusivos efectos de facilitar a verificación dos datos de identificación persoal, número de orde obtida na oposición e ámbito territorial de realización das probas selectivas consignados nesta instancia.

� En caso de non consentir, marque o recadro, e, neste caso, deberá achegar a documentación acreditativa, todo iso nos termos e prazos previstos nas bases da convocatoria e resto de normativa vixente.

En........................................... o....... de.............................. de 2026

Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza

Servizo de Persoal da Administración de Xustiza

r/ Madrid, 2-4, 2º andar

15781 Santiago de Compostela