DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32713

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2026 pola que se convoca a xornada Claves actuais do emprego público no marco da boa administración.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do xoves 21 de maio de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:

– Na páxina 29547, na base «Cuarta. Desenvolvemento»:

Onde di: «Data: venres 19 de xuño de 2026», debe dicir: «Data: venres 26 de xuño de 2026».

Onde di: «Duración: 4 horas lectivas», debe dicir: «Duración: 5 horas lectivas».

– Na páxina 29548, no punto 5 da base «Sexta. Inscrición»:

Onde di:

«5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata as 23.59 horas do día 15 de xuño de 2026».

Debe dicir:

«5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 22 de xuño de 2026».

– Na páxina 29549, no punto 2.a) da base «Décima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia»:

Onde di:

«2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada o máis pronto posible e, en todo caso e como máximo, antes das 12.00 horas do día 18 de xuño de 2026, achegando un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia».

Debe dicir:

«2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada o máis pronto posible e, en todo caso e como máximo, antes das 12.00 horas do día 25 de xuño de 2026, achegando un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia».