DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32712

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de maio de 2026 pola que se dá publicidade ás resolucións do 21 de maio de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 4 de xuño de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:

Primeiro. Na páxina 32409, no resolvo, onde di: «Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido parcial das resolucións do 21 de abril de 2026...», debe dicir: «Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido parcial das resolucións do 21 de maio de 2026...».

Segundo. Na páxina 32410, no anexo, onde di: «Contido parcial das resolucións do 21 de abril de 2026 de concesión...», debe dicir: «Contido parcial das resolucións do 21 de maio de 2026 de concesión...».

Terceiro. Na páxina 32411, no anexo, onde di: «Vaca Doc, S.L.U.», debe dicir: «Vaca Docs, S.L.».

Cuarto. Na páxina 32411, no último cadro (Serenade Cinema, A.I.E.), onde di: «Importe con fondos Feder: 300.000 euros», debe dicir: «Importe con fondos Feder: 350.000 euros».