DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32710

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Primeiro. O día 18.2.2026 publicouse no DOG núm. 32 a Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa publicación para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Segundo. O artigo 4.2 da dita orde recolle que no caso da liña II, subliña 1, a concesión dos incentivos realizarase con cargo á aplicación 14.02.324A.474.0, con código de proxecto 2016 00299, por un importe total de 150.000,00 €.

Ese mesmo artigo, no seu punto 6, establece que, se unha vez atendidas as solicitudes presentadas na liña I, nas subliñas 1 e 2 da liña II ou na liña III, queda remanente nalgunha delas, poderase incrementar o crédito dunha destas liñas ou subliñas co crédito sobrante da outra, coa prioridade seguinte: en primeiro lugar atenderase a liña I, en segundo lugar a liña II e en terceiro lugar a liña III. Terán preferencia as subliñas dentro dunha mesma liña.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes e instruídos os expedientes de acordo coas bases reguladoras, o orzamento inicial designado para a subliña 1 da liña II non é suficiente para atender todas as solicitudes.

Terceiro. A disposición derradeira primeira da Orde do 29 de decembro de 2025 faculta a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais para pronunciar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta disposición.

Por todo o anterior, dado que nas aplicacións orzamentarias desta orde existe suficiente crédito dispoñible, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos,

RESOLVO:

Redistribuír os fondos destinados ás axudas da subliña 1 da liña II na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa publicación para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D), do seguinte xeito:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Liña

Orzamento inicial

Remanente

Orzamento final

14.02.324A.474.1

2019 00023

Liña I

200.000,00 €

-135.000,00 €

65.000,00 €

14.02.324A.474.0

2016 00299

Liña II.1

150.000,00 €

+260.000,00 €

410.000,00 €

14.02.324A.474.0

2016 00299

Liña II.2

250.000,00 €

-105.000,00 €

145.000,00 €

14.02.324A.474.1

2019 00023

Liña II.2

500.000,00 €

500.000,00 €

14.02.324A.474.1

2019 00023

Liña III

100.000.00 €

-20.000,00 €

80.000,00 €

Total

1.200.000,00 €

+0,00 €

1.200.000,00 €

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais