DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de modificación das bases específicas do proceso selectivo para cubrir a provisión definitiva da praza vacante de administrativo/a por promoción interna incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

No Acordo da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 4 de maio de 2026 aprobouse a modificación do anexo III das bases específicas da convocatoria do proceso selectivo para a provisión definitiva da praza vacante de administrativo/a por promoción interna incluída na oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Moaña, cuxa convocatoria e texto íntegro publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 43, do 3 de marzo de 2022.

A modificación íntegra das bases será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Abrirase un novo prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio de modificación das bases específicas para a praza vacante de administrativo/a por promoción interna incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

Moaña, 14 de maio de 2026

Leticia Santos Paz
Alcaldesa