De conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e en particular no seu artigo 22, faise público que:
Transcorrido o prazo concedido ás persoas responsables para o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e, de ser o caso, de retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que conste o seu cumprimento nalgunhas parcelas situadas en solo de núcleo rural deste concello, prevese o inicio de actuacións de execución subsidiaria.
As actuacións levaranse a cabo sobre aquelas parcelas concretas en que se constate o incumprimento das obrigas establecidas no artigo 21 da Lei 3/2007, que consisten na xestión da biomasa vexetal e, de ser o caso, na retirada de especies arbóreas prohibidas.
Ámbito de actuación:
• Concello: A Guarda.
• Localización: solo de núcleo rural en Salcidos, lg. A Longra.
• Referencias catastrais: 36023A026005760000UP e 36023A026001970000UF.
Data prevista de inicio dos traballos: 15 de xuño de 2026.
Infórmase de que:
• Os custos derivados da execución subsidiaria serán repercutidos ás persoas responsables das parcelas afectadas.
• As persoas titulares dos terreos ou dereitos de aproveitamento deberán permitir o acceso ás parcelas para a execución dos traballos.
• Estas actuacións enténdense sen prexuízo das notificacións individuais xa practicadas ou que procedan, así como da posible incoación de expedientes sancionadores.
O presente anuncio ten carácter informativo e publícase para coñecemento no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, ademais de no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
A Guarda, 22 de abril de 2026
Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde
