DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO do 29 de maio de 2026 das bases xerais e específicas reguladoras dos procesos selectivos para a provisión en propiedade das prazas de persoal funcionario de carreira e laboral incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 100, do 29 de maio de 2026, foron publicadas integramente as bases xerais e específicas que han rexer os procesos selectivos das seguintes prazas de persoal funcionario de carreira e laboral incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025:

A. Persoal funcionario:

Código CPT

Denominación

Escala

Sistema de acceso

Subgrupo

15022TS-01

Traballador/a social

Adm. especial

Quenda libre

A2

15022AD-02

Administrativo/a

Adm. xeral

Quenda libre

C1

15022AD-04

Administrativo/a

Adm. xeral

Quenda libre

C1

15022AD-05

Administrativo/a

Adm. xeral

Quenda libre

C1

B. Persoal laboral:

Código CPT

Denominación

Escala

Sistema de acceso

Subgrupo

15022OPCO-01

Operario/a-Condutor/a

Laboral

Quenda libre

C2

15022OF1ª-03

Oficial de primeira

Laboral

Quenda libre

C2

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria específica no Boletín Oficial del Estado, unha vez que se teñan publicadas as presentes bases reguladoras no Boletín Oficial da provincia da Coruña e o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Cedeira, 29 de maio de 2026

Mª José Pernas Díaz
Alcaldesa accidental