DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión de residuos.

De conformidade co artigo 16.1 da Ordenanza municipal núm. 46 de xestión de residuos domésticos do Concello de Arteixo, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión e tratamento dos residuos depositados nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 20.1 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2025/V001/000322

4189920NH4948N

Pastoriza

Severino García Varela

2025/V001/000322

4189921NH4948N

Pastoriza

María Berta Bello Diéguez

José María Bello Diéguez

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), para o cumprimento voluntario da obriga de xestión de residuos nas parcelas citadas.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á instrución do procedemento sancionador que corresponda e poderase acordar a execución subsidiaria por conta do infractor, así como a imposición de multas coercitivas reiterables, a teor do artigo 97 da Ordenanza municipal núm. 46 de xestión de residuos domésticos do Concello de Arteixo.

Así mesmo, comunícase ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 12 de maio de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial en Medio Ambiente