De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable de xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou resulta imposible a súa notificación, polo que se lles comunica ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da inspección |
Ref. catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa responsable |
|
16.10.2025 |
36050A02100191 |
Bos Aires-Soutolobre-Salvaterra de Miño-Pontevedra 021 00191 |
Antonio Rodríguez Domínguez |
|
16.10.2025 |
36050A02100389 |
Bos Aires-Soutolobre-Salvaterra de Miño-Pontevedra 021 00389 |
Manuel Álvarez |
|
16.10.2025 |
36050A02100390 |
Bos Aires-Soutolobre-Salvaterra de Miño-Pontevedra 021 00390 |
Armando Rodríguez Ubeira |
|
16.10.2025 |
36050A02100391 |
Bos Aires-Soutolobre-Salvaterra de Miño-Pontevedra 021 00391 |
Descoñecida |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e xestionar a biomasa na parcela citada, prazo que comezará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada –ou a parte proporcional, se a área é inferior–, mentres persista o incumprimento, ou ben se poderá proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste suposto. En todo caso, a contía mínima a impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. A persoa que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase efectuar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido e dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, se for o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que leve a cabo as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Núm. de expediente |
Ref. catastral |
Hectáreas afectadas pola execución subsidiaria |
Estimación de prezo por hectárea |
Liquidación provisional |
|
1518/2025 |
36050A02100191 |
0,012605 |
3.545,70 € |
44,69 € |
|
1518/2025 |
36050A02100389 |
0,039103 |
3.545,70 € |
138,65 € |
|
1518/2025 |
36050A02100390 |
0,040026 |
3.545,70 € |
141,92 € |
|
1518/2025 |
36050A02100391 |
0,052687 |
3.545,70 € |
186,82 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxecto de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na antedita Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente Concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter da Lei 3/2007.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves).
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Salvaterra de Miño, 12 de maio de 2026
Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa
