O Pleno do Concello de Ribadavia, en sesión do 5 de maio de 2026, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, que na parcela que, segundo o Plan xeral de ordenación municipal, está destinada a equipamento-dotacións xeral, clave E0-40, denominada Sistema xeral de dotacións, Polígono deportivo Carballiño-Xestal EO-40 (uso deportivo), admitir expresamente como uso o de piscina, sistema xeral, dotación pública.
Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.
Terceiro. Remitir o presente acordo á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto con dous exemplares dilixenciados da modificación.
Cuarto. Tramitar a inscrición da modificación no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo doutras accións legais que se estimen convenientes.
Ribadavia, 6 de maio de 2026
César Manuel Fernández Gil
Alcalde
