DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente E-1440-C e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente expediente E-1440-C e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-1440-C

Bruno Vigo Camino

220 l/s

Río Portalage

Forza motriz

L: Armán
P: Grixoa (San Xoán)
C: Santa Comba

E-1477-C

Dolores García Cancela

0,50 l/s

Río Balsa

Rega

L: Chousa da Ponte Pequena
P: Oca (San Martiño)
C: Coristanco

E-1557-C

Ramiro Ramos Mañá e Josefa Mañá Crego

1,75 l/s

Río ou regato Noa

Rega

L: Cabanelas
P: Gonzar (Santa María)
C: O Pino

E-1644-C

Manuel Manteiga Pais e Primitiva Tuñas Riveiro

3 l/s

Río Barcala

Rega

L: Reiverde
P: Santa María de Ordoeste
C: A Baña

E-72-C

José Grela Fernández

6.000 l/s

Río Anllóns

Forza motriz

L: Retorta
P: San Xoán de Xornes
C: Ponteceso

E-52-C

José Fernández Otero

300 l/s

Río Tambre

Forza motriz

L: Cuesta Gendil
P: Portomouro (San Cristovo)
C: Val do Dubra