DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.C15.5999 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por haber detectado algún erro material, ditados no expediente DH.C15.5999 e sete máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.C15.5999

32376474H

22.4.2026

DH.B15.26304

45907417S

22.4.2026

DH.A15.23067

G70335096

22.4.2026

DH.A36.16688

76847524Q

22.4.2026

DH.B27.06090

10553385L

22.4.2026

DH.B15.26812

33093786Y

22.4.2026

DH.B27.05696

33784396H

22.4.2026

DH.B27.05744

50829247Y

22.4.2026