Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:
– Expediente: 6/2025.
– Denominación: Gondar (ampliación).
– Comunidade propietaria: veciños/as da Parroquia de Gondar.
– Concello: Lugo.
– Superficie de ampliación: 12,39 hectáreas.
Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Linde |
Referencia catastral |
|
27900A39500001 27900A39500099 27900A39500100 27900A39500106 27900A39500002 27900A39500011 27900A39500101 27900A39500103 |
Norte |
27900A39509003 (camiño) |
|
Leste |
27011A05109009 (camiño) |
|
|
Sur |
27900A39500096 27900A39500012 27900A39509001 (camiño) |
|
|
Oeste |
27900A39509001 (camiño) 27900A39500003 27900A39500102 |
En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26.11.2025 e en cumprimento da orde da instrutora, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.
Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Lugo, 12 de maio de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
