DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Instalación de apoios na LMTA RED712.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios na LMTA RED712 que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 20 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/554-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de apoios na LMTA RED712.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36033A001002640000SM

Descoñecido

2026/54/142

2

36033A001002650000SO

Descoñecido

2026/54/143

3

36033A001002760000SS

Descoñecido

2026/54/141