De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselle á entidade relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.
En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto adoptouno quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 19 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Número de expediente |
Acto notificado |
NIF interesado/a |
Acto adoptado por |
Data do acto |
|
IN635C SANC-MIN OU 2025/1-3 |
Resolución e carta de pagamento |
B32283210 |
O secretario xeral técnico (P.D. da conselleira) |
28 de abril de 2026 |
