DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2023/21-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Reforma da LMTA CAS805-CAS806 entre os apoios nº D29 e D34, situada no concello de Castrelo de Miño.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 19 de maio de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/21-3.

Instalación: Reforma da LMTA CAS805-CAS806 entre os apoios nº D29 e D34.

Concello: Castrelo de Miño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 14 de maio de 2026.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Fonteiriña

32023A068001500000HA

Descoñecido/a

2

Fonteiriña

32023A068001510000HB

Descoñecido/a